lirikcinta.com
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

estiven - willow (ghz) lyrics

Loading...

eu estiven en tarimas a cantar
discotecas, salas, algún que outro bar
palcos, pasarrúas, festa popular
procesións seguindo ó cura do lugar
eu estiven en tarimas a cantar
discotecas, salas, algún que outro bar
palcos, pasarrúas, festa popular
procesións seguindo ó cura do lugar

e sigo aquí coas miñas taras, facendo como se nada pasara
pendente de que todo se acabara, dando solucións ó vento como se entendera
saír da habitación, bro, quén me dera!
i era, a mesma historia sempre ata esquecerse de comer
pegándolle balonazos as olas, e as notas dun piano triste dannos a entender
que o final o neniño vai qued*rs* a solas
licor café na cantimplora, carallo co fillo da profesora
mais outra decepción pra esa señora
logo compénsanse con horas sobre a folla
o forno que coceu quen son agora
dende liorta xa apuntaba, eu escultor de dramas
en monterroso soñanado coa fama
un shot out para o campelo e pra os meus panas
gardados na memoria, fina porcelana
eu estiven en tarimas a cantar
discotecas, salas, algún que outro bar
palcos, pasarrúas, festa popular
procesións seguindo ó cura do lugar
eu estiven en tarimas a cantar
discotecas, salas, algún que outro bar
palcos pasarrúas, festa popular
procesións seguindo ó cura do lugar

teu abuelo acojonado cos okupas, telexornal preocupa
noticias pa asustar cubren o cupo
as empresas de seguros tan a levantar a copa
eu tou seguro co lugar que ocupo
criminais son os puteros non as putas
tan sen comer as pitas a fame no curral rebrota
eu sonche mais do tote que de tupac
no templo do zu, buscando a luz coma lil supa
tades a utilizar garfo pra a sopa
normal que o prato inda siga na mesa
vendéronme a tristeza coma esposa
i eu compreina sen pensar en como empeza
baixa o dedo césar, contra a miña prosa
que hoxe ando con présa, que me leven preso
que non teño un peso, que é moi fondo o pozo
que non queda espazo, sinto que non posso
eu estiven en tarimas a cantar
discotecas, salas, algún que outro bar
palcos, pasarrúas, festa popular
procesións seguindo ó cura do lugar
eu estiven en tarimas a cantar
discotecas, salas, algún que outro bar
palcos, pasarrúas, festa popular
procesións seguindo ó cura do lugar

Random Song Lyrics :

Popular

Loading...