lirikcinta.com
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

inquietude - tenue (esp) lyrics

Loading...

[letra de “inquietude”]

son un ecosistema roto dende fóra
un monumento privado de poder
unha mirada murcha atravesando o espello
cara contornos de monte raso
un páramo descarnado
quen pode salv*rs* alí dunha estampida do ego?

afiei o coitelo nas miñas enxivas
e agora estoumo cravando
cada vez máis fondo, cada vez máis dentro
sentindo desprezo polo meu ref*xio primario

quen pode salv*rs* se cada minuto de soidade
encerra unha choiva de golpes
unha fervenza de bágoas
o berro de mil monos nunha noite sen lúa

son un monólito carente de potencia
desafecto de paixóns, corrompido ata o núcleo
cinco dedos, unha cara, e unha boca chea de mentiras
un espírito fráxil enfrontando ao absoluto

rezade unha oración polo círculo interno
un vórtice na era da nada onde desgarrar a carne
para atopar resonancias
nunha festa de corvos e insectos luminosos
chagas nas mans, cáliz dun corpo vello
queda un iris negro repleto de urxencia
poros arrepiados fronte ao fío do tempo

ao respirar mastigo po e hai unha separación
dolorosa entre nós e o mundo

Random Song Lyrics :

Popular

Loading...