lirikcinta.com
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

longo camiño de desaprendizaxe - sangre de muerdago lyrics

Loading...

eu quixérame perder no mundo das pedras
que falan entre elas, e ficar o seu carón
eu quixera viaxar coas águias das montañas
e voar eternamente, pois eu xa non sinto nada

eu quixera retornar ó tempo en que era neno
e perderme nos bosques para non me contaminar
mais quixérame sumerxir coas sereas nos mares
e aprender as melodias da liberdade

eu quixérame fundir na fragua do ferreiro
e tornarme nun coitеlo, e xustiza facer
mais ainda que así fosе a escuridade caeu
e todo cubriu, eu xa non sinto nada

mais a lúa guiarame nos camiños escuros
levarame de volta o útero materno
e ali lembrarei a pureza esquecida
afogada e asolagada por homes e mulleres
por omes e mulleres
por omes e mulleres

ah*ah*ah*ah
ah*ah*ah*ah
ah*ah*ah*ah
ah*ah*ah*ah

Random Song Lyrics :

Popular

Loading...