lirikcinta.com
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

reinicio - dios ke te crew lyrics

Loading...

[letra de “reinicio”]

[estrofa 1]
ocupar o muíño, foder cos pés no río
non pagar un puto peso a fenosa sen pasar frío
cos meus paneis solares mailo chan radiante
quentado polo lume da lareira, sonche independente
apaño a leña no monte, que é colectivo
así non prende lume no v’rán, traballo por servido…
o ano pasado, entre tódolos veciños
montamos un muíño de vento que cubre o consumido

[estrofa 2]
e ocupámola casa do cura maila igrexa
agora a casa da cultura, maila envexa
de calquera sala de concertos que se precie, acústica dе altura
“abaixo a dentadura”, ás veces tocan dios kе te crew, se queres vir apura!
temos wifi guapa de gratis para toda a parroquia
eu teño un estilazo que flipas apañando patacas
nesta horta tamos fartos, moitas hostias
somos unha aldea insurxente, e somos moitas!

[retrouso]
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás..
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás

mellor volver ás cavernas que non parar de medrar…

[estrofa 3]
seguro que ves a esta aldea e xa non volves á cidade
aquí somos unha comunidade de verdade
sen estrés…, que logo derive en ansiedade
cos pés na terra en busca da felicidade
temos colleitas, de todo canto imaxinas
verduras, froitas, hortalizas, índica e sativa
tamén temos animais de cría, aquí sobra a comida
porcos, pitas, polbos… como animais de compañía

[estrofa 4]
polos de présa como raptors
sempre en alerta por se veñen os estraños
sáltanche un ollo da cara e quedas torto como hai dios
se queren vir por nós ao mellor saen trasquilados
xeramos enerxía limpa cen por cen da casa
a cinética é unha das nosa mellores bazas;
con pedalear dez minutos, cada notas, cada día
sóbrannos xulios para cargar as baterías
[retrouso]
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás..
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás
mellor volver ás cavernas que non parar de medrar…

[retrouso]
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás..
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás
mellor volver ás cavernas que non parar de medrar…

[estrofa 5]
nesta aldea imos de vagar, no lagar
unha adega que non paran de gabar os veciños
destas cepas nais saen algúns dos mellores viños
esquece eses brebaxes infestados de sulfitos
o detective de monsanto non entra aquí
soltámoslle ós velociraptors, pobre infeliz
o noso pozo de purín alimenta ó tractor
gas metano, puro zudre, vai mellor que o vapor!

[estrofa 6]
no centro médico o doutor traballa ca nosa menciñeira
se entre os dous non ven solución aínda che queda ver á meiga
entras tolleito, en silla de rodas, saes correndo cunhas cebolas
de agasallo por portarte ben, como se porta a señora!
meigas fóra? non!! santas da nosa devoción
a sabedoría milenaria sobreviviu á inquisición
nesta aldea convocámola ao redor da luminaria
bendita insurrección, benvidas á nova galia!
[retrouso]
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás..
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás
mellor volver ás cavernas que non parar de medrar…

[retrouso]
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás..
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás
hai que dar un paso adiante pra avanzar pa atrás
mellor volver ás cavernas que nmuon parar de medrar…

[instrumental]

Random Song Lyrics :

Popular

Loading...