lirikcinta.com
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

cormorán - dani cornes lyrics

Loading...

sentín cambiar
a miña composición molecular
cando me bicaches a primeira vez
sentín cambiar

sabías a sal
es muller de mar
nótocho ben na pel
e nótase ben no ar

ás veces os teus ollos
semellan o faro máis claro abríndose paso
entre as néboas marítimas
na costa da morte

e ti, coma un cormorán
voas máis alto que ninguén
e ti, buscando unha onda en nigrán
en simbiose natural co mar de alén

quero ser a escuma
que che bique os pés na ribeira
quero ser o bafo
que te envolva o pescozo na bahía
quero ser a auga fría, calma
de cando rompe o día
co ceo caneco de cores cálidas
de cores cálidas
ás veces os teus ollos
semellan o faro máis claro abríndose paso
entre as néboas marítimas
na costa da morte

e ti, coma un cormorán
voas máis alto que ninguén
e ti, buscando unha onda en nigrán
en simbiose natural co mar de alén
co mar de alén

Random Song Lyrics :

Popular

Loading...